Do caso de Benjamin Button

O caso do tal Benjamin Button, máis alá das diversas cuestións que nos pode plantexar, entre elas tan metafísicas, e o fin físicas acerca da noción do tempo; qué inalcanzábel está sendo encontrar algo real -máis alá das ansiadas dentelladas que cotidianamente lle arrincamos do seu cadáver longamente tendido para crear os nosos espellismos de verdade, soños e recordos- na sua inquebrantábel irrealidade. Todo pasa e sempre, sempre o derradeiro porqué queda sen resposta. Cuestión que o fin carece de interés para os que debemos vivir o inmediato.
Neste eido acho interesante o dito caso, como paradigma dos valentes e temerarios viven a contracorrente, vivindo a súa irremediábel irrealidade en conflicto coa convención imperante e a pesar da súa as veces pesada opresiòn, a soidade, sen renunciar nunca o seu anaco de feliz cadáver.
Este caso da vida o revés tamén o plantexou un galego, Rafael Dieste, nun relato seu en Arquivos do trasno: O neno suicida.

Esmorgantes