Andar coa pisa na boca

Amadeo, cheo de razón, soltoullo como unha sentenza:
-Ti, tamen sempre andas coa pisa na boca.
Eu na boca teño lingoa, pero a pirola agora, nestes intres de palpitantes pulsacións, está nos capullos das miñas falanxes, órganos todos en calquer caso de indubidábel valor erótico. Nestes días difíciles a maioría anda escasa de mundanas satisfaccións, isto pasa porque esa maioría andivo desenfrenada coa pirola na carteira, e as grandes estimulantes financieiras, donas da patente, fartas e cansas xa de tanto pracer, non están dispostas a prestar esas viagras en forma de papeis con pontes e portas. Vive nestes días a maioría unha grande impotencia pola falta de crédito. Se ter crédito é estar obrigado a darlle o que máis ten, moito máis do necesario, eu non quero relacións sumisas.
Esa frase vulgarmente sabia, expresa esa capacidade das verbas de manchar a cara dos demáis coas nosas corridas. Espero que agora teñades un pano na man...

Esmorgantes