Vámonos a Madrid

Estes días vivin asombrado por unha revelación, instántanea como unha Polaroid. Curioso observar como un dos símbolos e metáfora prefiridas da Posmodernidade entrou en quebra polo pulo das novas tecnoloxías dixitais, primeiro deixaron de fabricar as lucidas camaras para adaptarse ós novos mercados, logo entraron en bancarrota, creo por unha malversación dos directivos; como a vida mesma: se un deixa de facer o que é, deixa de ser. Agora o mundo xa non é de instantáneas, é de milleiros de instantes unidos e difundidos polas redes e o fin difusos. A veces é difícil encontrarse entre toda esta maraña.
A revelación non é nova i é evidente a ollos vista, pero no momento amosouseme como tal, que os galegos vivimos en tempos amargamente co casaco as costas e marchamos alenmar na procura do que non había, máis tarde a Francia, Suiza, Bélxica ou Alemaña. Se é na península íamonos a Euskadi, ou Barcelona, poucos foron porcentualmente os que se foron a Madrid. Os que ali quedaron integráronse a nova cultura exemplarmente rexeitando ser o que foron, deixando só vergonzante recuncho da morriña para o recordo da súa cultura e da súa terra sen intención de transcender; os poucos que o intentaron foi porque nunca, nunca quixeron marchar- léase, Castelao, Sempre en Galiza-. Cando voltaban ou cando a prosperidade implantou aquí as suás estranas poutas, os galegos parece que sentiron a necesidade de facer grandes casas - a Cidade da Cultura non será tamén unha casa grande demais- para, parece que nunca ter que movelas - cecais por iso os galegos lles costa tanto cambiar, e cecais se cambiamos é un pouco como os sicilianos cambiar todo para que todo siga igual-, mostra exacervada de autosuficiencia, de fachenda ante escaseza de outras épocas e pouco pragmática ante a inclemencia climática, e un corte, o meu ver, na tradición da vivenda popular en Galicia, máis reducida -en xeral, rexeitan todo aquilo que lles recorda a misera vida doutros tempos, como se a prosperidade viñera doutro sitio que o suor da propia terra-. Isto está cambiando nos derradeiros anos sobre todo debido a perda de poder adquisitivo das clases medias, o abandono definitivo das actividades agrarias secundarias que complementaban a economía familiar polas novas xeracíóns, a ordenación urbanística dos medios rurais, ou a dificultades hipotecarias dos últimos tempos.
Agora os galegos que marchamos, tamén marchamos fora na procura do que aquí non ai. ¿Que é o que non hai?. Estes días de Natal voltan a vila rapaces que marchan e deixan a súa confortábel vida de familia, a gastar solas a Madrid a ser artistas mentres toman cañas polas rúas de Lavapies ou La Latina. ¿Non será a Cidade da Cultura unha casa grande demáis, ou é que as rúas de Santiago están cheas de teatros como a sala Iago?.
¿Porque é máis importante o AVE a Madrid que o que nos levaría a Lisboa? ¿Porque non voar directamente de Santiago a Sao Paulo, Rio de Janeiro, ou Londres, Nova Iorque? Alí tamén ai cultura, ali tamén podemos perdernos sendo un instante máis nesta difusa maraña sen termos que trincarnos a lingua entre os dentes. Eu teño unha casa moi grande...

Esmorgantes