Prosa de Nadal. O ghabeador

Estamos no Nadal, días de felicidade suxestionada colectivamente. É como se levaramos todo un ano querendo dicirnos canto nos queremos, mostrando afectividade de xeito exacervado aínda con aqueles que sabemos a desprezan. Todo se debería repartir mellor, e darllo a quen realmente o mereza, pero ata en Nadal nos trabucamos. O Nadal, ven sendo como unha ONX dos bos sentimentos e propositos que so sacian, grazas a Deus, estes breves días. As ONX son necesarias por que o mundo non funciona como debería, porque o resto do ano non somos como deberíamos.
A min todos estes excesos producenme indixestión agás a producida polo alcol, todo o demáis podo vomitar para seguir coa inxestión etílica; as enchentas de marisco tamén as tolero bastante ben nestes días, agora sí o chegar os dulces péchaseme o bandullo. Só pico naqueles que acostumo, que non son moitos, cada vez menos, co tempo son máis tisquismisquis, e que teñan chocolate por favor, e amarghen un pouquiño ó final.
Ben, esta é situación que, o meu ver, acompañada de crise económica non permite aliviar con impulsos consumistas as dores da ialma, motivo abondo para esta vaga de aforcamentos de Pais Noeles, ata ai algún aforcamento colectivo de Reis Magos. Dende logo que mal exemplo para os rapaces. Esta é teoría de Carlos Blanco nun dos seus monólogos, o de que se aforcan, a causa saqueina eu.
Eu máis ben creo que o que realmente estan facendo é ghabeando cal escalador reputado; é certo que parece que non se moven pero a cousa é de facer con tino, pois se os que non se aforcan, caen, entón ai vai o pai noel o carallo.
Estes días anteriores o Nadal lin que na zona da montaña de Lugo había unha personaxe de Nadal propia chamado o Apalpador que se está a promover como figura representativa do Nadal en Galiza que traballaría na noite do fin de ano, iniciativa interesante sen dúbida, pero facer traballar o fulano fin de ano, ó final os galegos sempre saimos puteados.
Outra posibilidade para galeguizar o tema do Nadal e o Pai Noel, Santa Claus, San Nicolas, ou como queira que se chame, é alcumalo cun nome galego, e visto coa asiduidade que o fai estes derradeiros anos por esta nosa terra deixando de lado o trineo e os renos, podería ser o de, O Ghabeador.

Esmorgantes