Cowboy que ten unha pirola como pistola

A miña historia persoal coa vida licenciosa dos burdeles parte xa de idades temperás. Eu, neno de taberna de aldeia, arrodeado de mozos o venres tomando os seus primeiros cubalibres antes de partir cara a vila nos seus 127 tuneados.
-Rapas, ¿a onde imos hoxe?
Eu miraba asustado a suas caras, calado e coa lingua chantada no palatal non querendo falar para non defraudalos, para que me deixaran ser un deles...
Outro collíame no colo, e dicía ben no oido:
-Dille, dille, ¡hoxe imos a putas!
E rían todos a cachón arredor miña, eu inocente estalaba de felicidade... Así pasaban tódos eses fins de semana de cubalibres de Larios.
Un deses sábados, meu pai levoume pola mañán cedo a casa do meu avo. Sabía que íamos a algures, pero non onde. O meu avo colleume no colo.
- Rapas, ¿a onde imos?, díxome.
O meu avo era un home moi serio, e do seguinte do que me lembro é das bofetadas do meu pai.
O que cambiou o mundo, ¡cantas tundas apañei eu!, e que eu saiba non é esa causa dos meus traumas. O certo é que de pequeno era moi traste, e apañaba, e case sempre sabía a causa, o traumático é non saber o porqué.
Hoxe os nenos non son trastes, son hiperactivos, i en vez de palmadas no cu danlle calmantes. Así anda o personal cargado de estupefacientes, tanto prescritos como ilegais para aguantar a presión do día a día. Agora xa ninguén está triste, todos estamos deprimidos.
Pero o cerne de este asunto viñan sendo os burdeles, en especial do inxenio dos asiduos para non deixar de ser discretos en conversacións públicas e non delatarse a si mesmos coa creación de irónicos eufemismos. Así para puticlubs chamados, Club Cisne, soltanche, ¿Que tal o outro día pola do cuello largho?, ou non caso do Hotel Aeropuerto, din, ¿Miraches as tipas novas que hai na T4?. E tí que non eres asiduo -queda claro o motivo do meu rexeite das barras americanas, a veces penso que o que está mal non é ir a putas, senón dicilo así tan ledamente-, i evidentemente andas un pouco lento nesas picardías, e quedaste parado, buscando a relación do obxecto e o reflexo da misteriosa expresión no contexto da conversación, e cando atinas pons esa risa de entendido. Cowboy que ten unha pirola como pistola.

Esmorgantes